miércoles, 8 de febrero de 2012

As tonterias do capitalismo aplicado ó textil

A máxima elegancia que outorga o ouro será unha realidade nas pezas de vestir e complementos decorativos, grazas a un traballo desenvolvido por investigadores do Swiss Federal Laboratories for Materials Science and Technology (EMPA). Un novo proceso permitiu crear o primeiro material téxtil capaz de incorporar de xeito permanente unha capa de nanómetros de ouro puro.

O fío de seda empregado, que está recuberto con ouro mediante un proceso de alta tecnoloxía, é suave e doado de tecer. Tamén é compatible coa acción de lavadoras e outros artefactos similares. Un número limitado de pezas con este material colocarase no mercado antes de Nadal, mentres que outros accesorios de moda serán desenvolvidos durante 2012.

O traballo dos investigadores suízos foi difundido por unha nota de prensa do Swiss Federal Laboratories for Materials Science and Technology (EMPA), e tamén por un artigo do medio especializado R & D Magazine. A nova tecnoloxía é a culminación de dez anos de investigación.

Os especialistas na área téxtil do EMPA estiveron a investigar durante ese tempo na busca dun método para dividir titanio, aluminio, aceiro, cobre e prata e logo permitiron que estes metais en po, e en forma de "chuvia atómica", poidan ser incorporados nas fibras de poliéster.
Orixinalmente, o proxecto estaba destinado a crear fibras recubertas de prata, para o que se estudaran convenientemente os mercados relacionados. As fibras recubertas de prata posúen un efecto antibacteriano, algo que pode ser de sumo interese para os fabricantes de determinados tipos de pezas, como por exemplo calcetíns.

Buscando materiais téxtiles con coberturas permanentes de prata, os investigadores desenvolveron unha fibra con excelentes condicións de condución eléctrica, cuxo uso podería ser interesante en diferentes sensores e como filtro en aplicacións industriais. Non obstante, nun determinado momento, creron que poderían chegar a lograr os mesmos resultados co ouro.

En xaneiro de 2010, comezouse a traballar no proxecto de fibras de ouro, e actualmente a produción na planta de recubrimento desenvolvida alcanzou un nivel estable. O primeiro quilómetro do novo material téxtil xerouse durante o pasado verán, e espérase que en 2012 a produción aumente en boa medida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario