martes, 31 de enero de 2012

Consecuencias e Vantaxes de Internet

Pasar horas e horas fronte a unha ordenador converteuse un costume, o mesmo que camiñar pola rúa cos auriculares do reprodutor de MP3, ou ben conducir un vehículo mentres se fala por celular mediante a tecnoloxía "Bluetooth". O seu punto máximo de expresión nesa "xeración tecno ou high tech", composta por rapaces que non poden deixar Internet, o MP3 ou o celular de lado nin sequera na escola.

O perigo desta conduta -máis alá dos aspectos negativos que carrexan o ostracismo e o abandono da vida en grupo para pasar a esta encerrado e inactivo nun cuarto- radica na posibilidade de provocar danos oculares e auditivos irreversibles.

Sedentarismo e falta de sono
Se ben a principal consecuencia que padecen -tanto os adultos coma os nenos- relacionada ao abuso da computadora, é o aumento de peso que está directamente relacionado co sedentarismo; tamén existen outras complicacións como a falta de sono, situación que provoca que ao día seguinte o cansazo, o mal humor e a desgana sexan os protagonistas.

De feito, unha investigación encabezada pola doutora Jodi Mindell del Centro del Sueño del Hospital de Niños de Filadelfia, nos Estados Unidos (EE.UU), estableceu que entre o 20 e 25 por cento dos mozos presenta algún tipo de desorde relacionada co sono.

É por iso que, en liñas xerais, os especialistas suxiren evitar que os rapaces conten nos seus cuartos con distraccións como á computadora, a playstation ou outros dispositivos.

Por outro lugar hai vantaxes.
As achegas que Internet a traído a este novo século son moitos ao permitirnos unha comunicación máis rápida e eficiente con calquera país do mundo, tamén se executan negocios, publicacións de noticias, avances científicos.
Internet é un sistema de comunicacións de alcance mundial, barato, fiable e simple de usar. Internet conta con millóns de usuarios en todo o mundo e o número segue aumentando constantemente, debido á facilidade que brinda Internet para obter información rápida e barata dende a comodidade a casa.
Este número crecente de usuarios poden ser clientes potenciais para empresas e negocios. En Internet, cada día tamén aumenta a cantidade de produtos a conseguir, mellores prezos e novos provedores mellorando así as marxes de utilidade.
Hai que falar tamén da gran revolución que supuxo Internet para a difusión e adquisición de coñecementos, e mesmo do seu papel nos nosos anacos de ocio. Para moitos de nós, falar coa xente polo Messenger converteuse en algo habitual como falar por teléfono penso que se a substituído o teléfono pola Internet, foi tan grande que moitos sectores da economía, política, cultura ou sociedade o viron como un aliado para os seus intereses e dedicáronse a investir na web, a poñer os seus contidos en Internet.
O exemplo máis claro témolo nas grandes compañías discográficas, que non quixeron ver que a distribución dixital de música por Internet demostrou ser máis efectiva e económica para os usuarios, opóñense a este como un inimigo que mingua os seus ingresos con todas as súas forzas.
En Internet todo evoluciona á velocidade da luz, e creo que esa evolución é constante, rompendo barreiras e acurtando distancias.

viernes, 27 de enero de 2012

Historia das telecomunicacións

A base matemática sobre a que desenvolven as telecomunicacións foi desenvolvida polo físico inglés James Clerk Maxwell. Maxwell no prefacio da súa obra Treatise on Electricity and Magnetism (1873) declarou que a súa principal tarefa consistía en xustificar matematicamente conceptos físicos descritos ata ese momento de xeito unicamente cualitativa, como as leis da indución electromagnética e dos campos de forza, enunciadas por Michael Faraday. Con este obxecto, Maxwell introduciu o concepto de onda electromagnética, que permite unha descrición matemática axeitada da interacción entre electricidade e magnetismo mediante as súas célebres ecuacións que describen e cuantifican os campos de forzas. Maxwell predixo que era posíbel propagar ondas polo espazo libre utilizando descargas eléctricas, feito que corroborou Heinrich R. Hertz en 1887, oito anos despois da morte de Maxwell, e que posteriormente supuxo o comezo da era da comunicación rápida a distancia. Hertz desenvolveu o primeiro transmisor de radio xerando radiofrecuencias entre 31 MHz e 1.25 GHZ. As telecomunicacións comezan na primeira metade do século XIX co telégrafo eléctrico, que permitiu enviar mensaxes que contiñan letras e números. A esta invención fixéronselle dous notábeis mellorías: a adición, por parte de Charlles Wheatstone, dunha cinta perforada para poder recibir mensaxes sen que un operador estivera presente e a capacidade de enviar varios mensaxes pola mesma liña, que se chamou despois telégrafo múltiple, engadida por Emile Baudot.
Máis tarde veu o teléfono, co que foi posíbel comunicarse utilizando a voz, e a revolución da comunicación sen fíos: as ondas de radio.
A principios do século XX aparece o teletipo que, utilizando o código Baudot, permitía enviar texto en algo parecido a unha máquina de escribir e recibir texto que era impreso por tipos movidos por relés.
O termo telecomunicación foi definido por primeira vez na reunión conxunta da XIII Conferencia da UTI (Unión Telegráfica Internacional) e a III da URI (Unión Radiotelegráfica Internacional) que comezou en Madrid o día 3 de setembro de 1932.
A definición entón aprobada do termo foi:
Telecomunicación é toda transmisión, emisión ou recepción, de signos, sinais, escritos, imaxes, sons ou informacións de calquera natureza por fío, radioelectricidade, medios ópticos ou outros sistemas electromagnéticos.
O día 9 de decembro de 1932, en virtude dos acordos atinxidos na reunión antes citada, firmouse en Madrid o Convenio polo que se criaba a Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT) que no futuro substituiría aos dous organismos anteriores (UTI e URI).
O seguinte aparello revolucionario nas telecomunicacións (por aló da metade do século) foi o módem que fixo posíbel a transmisión de datos entre computadoras e outros dispositivos.
Na década dos sesenta comeza a unión entre a telecomunicación e mais a informática co uso de satélites de comunicación e as redes de conmutación de paquetes.
A década seguinte caracterizouse pola aparición das redes de computadoras e os protocolos e arquitecturas que servirían de base para as telecomunicacións modernas (nestes anos aparece a ARPANET, que deu orixe á internet). Tamén cabe salientar que nestes anos comeza o auxe da normalización das telecomunicacións: o CCITT traballa na normalización das redes de conmutación de circuítos e de conmutación de paquetes e a Organización Internacional para a Estandarización crea o modelo OSI. A finais dos anos setenta aparecen as redes de área local,
Nos anos oitenta as computadoras persoais volvéronse populares, aparecen as redes dixitais e as redes de telecomunicacións comezan a facerse omnipresentes.
Na última década do século XX aparece a internet, que se expandiu enormemente e a principios do século XXI estamos vivindo os comezos da interconexión total, a través de todo tipo de dispositivos que son cada vez máis rápidos, máis compactos e máis poderosos.

jueves, 26 de enero de 2012

Inventase un coche que funciona con auga


Un litro de auga permite ao coche circular durante uns 60 minutos a unha velocidade aproximada de 80 quilómetros por hora. Nin sequera é necesario que sexa auga destilada e mesmo funcionaría con auga mariña.

O deseño aínda é bastante primitivo e está pensando para separar o hidróxeno da auga e convertelo en combustible para unha pila eléctrica. A empresa non desvelou como conseguiron que o coche se mova só con auga pero se afirman que se basean en tecnoloxías existentes, pero que son capaces de producir hidróxeno a partir da auga para un tempo maior que calquera método dispoñible nestes momentos.

A empresa xaponesa propietaria da creación e da súa patente espera poder producir o vehículo a escala industrial. BQM

Importancia das novas tecnoloxías

Hoxe en día, os progresos nas denominadas tecnoloxías da información, que abranguen os equipos e aplicacións informáticas e as telecomunicacións, están a ter un grande efecto. De feito, dise que estamos nun novo tipo de sociedade chamada Sociedade da información ou Sociedade de Coñecemento, que vén a substituír aos dous modelos socioeconómicos precedentes, a sociedade agraria e a sociedade industrial.

No modelo agrario, a explotación da terra era o xeito de xerar riqueza. No modelo industrial, as novas tecnoloxías e os novos sistemas produtivos, posibilitaron a fabricación masiva de produtos de consumo.

Non obstante, a xeración da riqueza na actualidade ten que ver con outras maneiras de proceder. Ademais da importancia da acumulación de capital e da tecnoloxía produtiva, o que en verdade se converte en algo decisivo é saber que queren os clientes, que fan os competidores, onde e a quen se pode comprar e vender en mellores condicións, que cambios lexislativos poden afectar á empresa ou a un sector, etcétera.

En definitiva, resulta fundamental contar coa información oportuna para tomar as mellores decisións no momento axeitado. Nesta situación as novas tecnoloxías da información son moi relevantes. Permiten obter e procesar moita máis información que os medios manuais. Así que as empresas invisten nelas.

Non obstante, como calquera tecnoloxía, se debe ter presente que as TIC son só un instrumento (iso si, moi potente e flexible) para a xestión das empresas. Polo tanto, é evidente que as novas tecnoloxías son un elemento imprescindible e en continuo desenvolvemento dentro de calquera empresa. Non obstante as tecnoloxías están moito máis presentes nas grandes empresas que nas medianas e pequenas (PEME); isto débese principalmente á dimensión da empresa e, como consecuencia, ao ámbito de actuación desta e á súa capacidade de investimento e xestión, aínda que pouco a pouco esta diferenza vaise acurtando, xa que moitas PEME están a empezar a ser conscientes de que o uso das TIC é unha cuestión clave para a súa expansión e supervivencia

miércoles, 18 de enero de 2012

Campo biolóxico da conservación

Os biólogos da conservación e conservacionistas, veñen usando este termo hai tempo para describir esta mesma transmicion de xenes, pero dende especiecies domesticas, invasoras ou non nativas cara a poboacións nativas. Por exemplo TRAFFIC é unha axencia internacional de monitorización de comercio de fauna, que controla que o comercio de plantas e animais salvaxes non se volva unha ameaza para a conservación da natureza. Eles concientizan dos efectos daniños de introducir especies invasoras, que "poden hibridizar especies nativas, creando contaminación xenética".
Efecto sobre especies en perigo de extinción

Comprometer plantas ou animais salvaxes en perigo de extinción pode ter certa significancia no caso relativo aos taxóns ameazados cunha baixa poboación. Un exemplo disto é o can salvaxe africano que o seu status de conservación esta minado non só pola perdida de habitade, senón tamén pola mestura de xenes polo fluxo xenético de caninos domesticados, xa que a poboación humana esta asociada aos cans domesticos e estes se entrecruzan con especies salvaxes.

martes, 10 de enero de 2012

O demo de Tasmania (Sarcophilus laniarius)

É un marsupial carnívoro da familia dos Dasyuridae que só se encontra no estado de Tasmania en Australia.

Científicos australianos anunciaron hoxe o descubrimento dunha colonia de demos de Tasmania con trazos xenéticos especiais, que poderían salvar da extinción á especie, ameazada por un letal cancro.

A enfermidade decimou as poboacións do marsupial na illa australiana que lle dá nome, pero descubriuse unha colonia que parece ser inmune aos tumores, indicou Kathy Belov, xefe do equipo de investigadores das universidades de Sídney e Tasmania.

O pequeno mamífero sofre dende mediados dos anos 90 un estraño tumor canceríxeno facial contaxioso que se transmite por unha dentada e só afecta a esta especie. Esta patoloxía, que se manifesta na boca e cara e en cuestión de tres meses aumenta tanto de tamaño que non lles permite comer, foi responsable da morte do 70 por cento dos demos de Tasmania nos últimos 15 anos, mentres as autoridades buscan desesperadamente algunha forma de salvalos.

Non obstante, Belov dixo que aínda hai tempo para estudar a fondo o cancro e encontrar unha vacina, pois debe haber un trazo xenético que explique o feito de que o 20 por cento das poboacións do animal non desenvolveu o cancro, polo que "é posible" que estean a morrer menos animais do que pensabamos".


Hai un ano, o Ministerio de Medio australiano incluíu por primeira vez o marsupial carnívoro máis vello do mundo na súa lista de especies en risco "crítico" de desaparecer para sempre e agora dedica á súa conservación case 8 millóns de dólares anuais.

Os primeiros colonizadores brancos de Tasmania chamaron o marsupial "demo" polos seus berros aterradores, mal carácter, pelo escuro e forte mandíbula. Desapareceu do continente australiano hai uns catro séculos, posiblemente pola crecente presenza do can salvaxe ou dingo, pero sobreviviu na illa situada na punta sueste do país.


O gasto mundial en tecnoloxía en 2012

A entidade de investigación Gartner reduciu as súas previsións para o crecemento de gasto en tecnoloxía da información en 2012 en todo o mundo a un 3,7 por cento, dende un prognóstico anterior dun 4,6 por cento.

En 2011, o gasto mundial en tecnoloxía da información ascendeu a 3,7 billóns de dólares, ou unha expansión dun 6,9 por cento fronte a 2010.

"O titubeante crecemento económico mundial, a crise da zona euro e o impacto das inundacións en Thailandia sobre a produción de discos duros afectaron á previsión de gasto en tecnoloxía", dixo Richard Gordon, vicepresidente de investigación en Gartner, nun comunicado.

Gartner dixo que as inundacións reducirán a subministración de HDD nun 25 por cento ou máis durante os seguintes seis ou nove meses, xa que Thailandia se converteu nun centro importante de discos duros e dos seus compoñentes.

Gartner indicou tamén que, debido á escaseza de discos duros e á cauta previsión de gasto en equipos, reducira tamén a súa previsión de despachos de computadoras persoais.

"Coa incerteza causada pola crise da eurozona tanto nas empresas como nos consumidores do oeste de Europa, axustamos a nosa previsión e esperamos que o gasto en tecnoloxía da información no oeste de Europa caia un 0,7 por cento en 2012", dixo Gordon.