martes, 8 de mayo de 2012

O alcohol dana máis o cerebro femenino.

Os resultados das probas, mostraron que as mulleres que foran alcohólicas por un período medio de 5,5 anos sufriron o mesmo dano no cerebro que os homes que foron alcohólicos durante un período moito maior, de 10,4 anos de media.

As mulleres bebían menos cantidade que os homes (13 copas fronte a 17), pero a cantidade de alcohol inxerida era equivalente, tendo en conta o menor peso corporal. Tanto os homes coma as mulleres perderon volume cerebral, un coñecido efecto do abuso do alcohol.

Varios estudos publicados anteriormente ofrecían conclusións no mesmo sentido. Todos coinciden en que as mulleres sofren máis rapidamente os efectos do abuso do alcohol. Entre estes efectos comprobárase a aparición de problemas cardíacos, dexeneración dos músculos esqueléticos e enfermidades do fígado. Este novo estudo demostra que o cerebro das mulleres se dana con moita maior rapidez que o dos homes pola inxestión de alcohol. Afortunadamente, o estudo conclúe que o cerebro se recupera parcialmente en ambos os dous sexos tras seis semanas de abstinencia de alcohol.

O estudo constitúe unha importante chamada de atención contra o consumo de alcohol crecente entre as mozas. Pon de manifesto que aínda que as mulleres se inicien máis tarde no consumo do alcohol e que inxiran cantidades menores, poden sufrir máis rapidamente danos no cerebro por abuso da bebida.

2 comentarios:

  1. BAH CHICOS COMO LA ROMPEIS SOIS LOS MEJJORE, EH!
    YO SIEMPRE QUE PUEDO SIGO VUESTRO BLOG, ME ENCANTAIS! OS Q MUXO GUS XD

    ResponderEliminar
  2. Pois, si; tamén me encanta a min o voso blog. Estupendo e constante traballo durante todo o curso. A seguir...Unha aperta. Luís.

    ResponderEliminar