Aviso a culturistas:
A testosterona e os seus
derivados son hormonas que teñen efectos en diferentes zonas e tecidos
do organismo e que podemos clasificar en dous grandes grupos, segundo o
efecto que producen: androgénico e anabólico.
O efecto androgénico
é o producido polo feito que este grupo de substancias son derivados da
hormona masculina testosterona. En condicións normais, o organismo
sintetiza testosterona no testículo e de aquí a hormona produce
modificacións nos tecidos periféricos e dando a forma dos carácteres
sexuais secundarios (distribución do lanuxe e da graxa tipicamente
masculina, agravamento da voz...). Cando
a concentración de testosterona no sangue alcanza certa cantidade, o
testículo é freado na súa produción porque detecta que xa existe
hormona abondo. Se a toma de esteroides é moi prolongada, a falta de
actividade do testículo vai atrofiando as súas funcións de secreción
ata chegar á esterilidade. A esterilidade producida polo consumo de
anabolizantes é reversible aínda que non sempre; todo depende das
doses, do tipo de esteroides consumidos e do tempo que durou o consumo.
O efecto anabólico
é o efecto buscado polos deportistas. Consiste nun aumento da síntese
das proteínas do músculo (sobre todo actina e miosina) que se
incorporan ás miofibras e aumentan o diámetro das fibras musculares.
Non obstante, non debe crerse que o uso de esteroides anabolizantes
facilita o camiño cara a unha mellora do rendemento deportivo. Non
existen atallos no aumento e mellora da masa muscular.
Para que o uso de esteroides anabolizantes sexa eficaz debe coñecerse cual
é o seu mecanismo de acción. A testosterona liberada polo testículo ou
a tomada externamente pasa ao sangue, a hormona únese a unha proteína
transportadora específica. Cando chega ás células nas que vai producir
o seu efecto, a molécula únese a un receptor citoplasmático e de aquí
unidos van ao núcleo a modificar a replicación do material xenético e
polo tanto a síntese de proteínas. Non obstante, o efecto dos
esteroides non se logra só con inxectalos ou tomalos en pastillas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario