miércoles, 14 de marzo de 2012

BACTERIAS PARA FABRICAR BIOPLÁSTICOS

Ante a necesidade de producir produtos biodegradables que respecten o noso ámbito, os polihidroxialcanoats (PHA) aparecen como unha grande alternativa e cumpren satisfactoriamente con este obxectivo.
Son plásticos sintetizados por bacterias.
A novas investigacións apuntan a que o proceso actual se realice con custos máis baixos que permitan a utilización a grande escala destes materiais como alternativa aos plásticos non degradables que teñen a súa orixe xeralmente no petróleo.
O que segue a continuación é o informe sobre tema de
María García De la Fuente, publicado orixinariamente no Publico-é de España

Asentos de soia nun todoterreo, bolígrafos de millo, teclados de cana de azucre, embalaxes de urea de porco ou un moble a partir de plumas de polo. Todos estes obxectos son reais, prototipos fabricados con plásticos, pero a nova materia prima non é o petróleo, senón residuos agrícolas, gandeiros e domésticos. En breve, ordenadores, automóbiles, xoguetes, mobles, roupa, calzado, cosméticos, implantes médicos e todo tipo de embalaxes de plástico empezarán a fabricarse con refugallos. Son os
bioplásticos, e os vertedoiros estanse a converter nos novos pozos de petróleo.

Unha empresa estadounidense optou precisamente por facer do vertedoiro a súa mina: "Convertemos o lixo en algo útil" é o lema de
Wast-Away, que creou o fluff, un composto apartir do lixo doméstico e envases de plástico, e con este produto se poden obter materiais de construción ou enerxía.

O encarecemento do prezo do cru e os seus problemas ambientais polos gases de efecto invernadoiro levaron aos fabricantes a investigar en novas materias primas que substitúan ao petróleo. Como xa sucedeu no campo dos biocombustibles de primeira xeración (os que se obteñen a partir de cultivos como millo, soia ou cana de azucre), os plásticos tamén miraron o campo. O primeiro paso foi a fabricación de biopolímeros a partir de cultivos de millo, soia, avea, xarope de pradairo, sorgo ou aceites, e agora as investigacións diríxense cara ao uso de residuos agrícolas e gandeiros, para non entrar en conflito cos recursos para alimentación.

Na actualidade prodúcense 200 millóns de toneladas de plásticos ao ano en todo o mundo, dos que entre o 5% e o 10% son bioplásticos. O mercado é aínda pequeno, pero algunhas marcas xa os están a incorporar como, por exemplo, NEC, que ten un teléfono feito a partir do millo, ou o envoltorio da Playstation de Sony, que está fabricado a partir de cascas de laranxa. Pola súa banda, o Instituto Tecnolóxico do Plástico, con sede en Valencia, e a Universidade de Warwick (Reino Unido) desenvolveron un coche de carreiras a base de cenoria, soia, patacas e fibra vexetal.

Hai exemplos moi curiosos. O investigador
Justine Barone, do Departamento de Enxeñaría de Sistemas Biolóxicos da Universidade de Virxinia (EUA), desenvolveu un bioplástico a partir das plumas dos polos, das que extrae a queratina para fabricar polímeros tan duradeiros e resistentes como os baseados en combustibles fósiles. Pola súa banda, a compañía química danesa Agroplast deseñou unha botella de bioplástico a partir da urea de porcos, e así solucionan dous problemas: a xestión dos zurros de porcinos que exceden a necesidade de aboamento e a fabricación de plásticos. A compañía desenvolveu o sistema de recollida rápida dos ouriños, de forma separada do esterco, para evitar que se converta en amoníaco, e hapatentado o método para solidificala e convertela en bioplástico.

Outra fonte de obtención de plásticos do futuro é o mar. En México, o Centro de Investigacións Biolóxicas do Noroeste (
CIBNOR) traballa en bioplásticos a partir de bacterias mariñas, que proliferaron debido ao aumento de nutrientes no mar. Os investigadores cultivan as bacterias tipo Baacillus e Paracoccus no laboratorio en condicións similares ao mar, e a partir delas fabrican os biopolímeros.

No campo das bacterias tamén se traballa en España. Os principais
bioplásticos son o poliácido láctico (PLA) e os polihidroxialcanoatos (PHA). O primeiro obtense a partir das plantas ricas en glicosa, como millo, soia ou cana de azucre, xa que está baseado no uso de substratos azucrados (normalmente de orixe vexetal) por parte de bacterias fermentativas. Y o segundo, o PHA, producido como material de reserva por bacterias, é no que se investiga en España.

De residuos a
PHA
O Centro de Investigacións Biolóxicas do
CSIC traballa na identificación dos xenes que produzan máis bacterias encargadas de xerar plásticos de tipo PHA, explica a investigadora Laura de Eugenio. Un equipo da Facultade de Farmacia da Universidade de Barcelona investiga "a reconversión de residuos en PHA", apunta a doutora María Ángeles Manresa.

Ademais dos recursos naturais, os plásticos teñen unha inesgotable materia prima en si mesmos. Henrio
Sullivan dirixe unha fábrica de travesas de ferrocarril en Houston (EUA) e a súa particularidade é que son de plástico, e utiliza como materia prima pneumáticos, envases e todo tipo de lixo doméstico. Da mesma forma, Allen Jonjsma, de AgriPlas, especializouse en recuperar metros de cordeis para fabricar macetas de plástico, e Interface elabora alfombras 100% de plástico reciclado. E é que o téxtil é outro campo que se investiga neste mundo inesgotable. A marca Patagonia deseña chaquetas de montaña a partir doutras desgastadas, cortinas, cadeiras ou botellas.

Os biopolímeros son neutros en emisións
Bioplástico: os plásticos elaborados a partir de materias primas renovables, como plantas, son bioplásticos. Son neutros en emisións, xa que durante o crecemento da planta se absorbe o CO2 que despois se emitirá na fabricación.

Biodegradable: se o plástico se descompón de forma inocua e non é necesario unha tratamento é biodegradable. Por exemplo, en agricultura pódese arar o campo sen retirar os plásticos biodegradables para a sementeira. A biodegradación realízase mediante microorganismos como bacterias, fungos e algas, que transforman o plástico en substancias inocuas tales como CO2 e auga. Non obstante, non todos os
bioplásticos son biodegradables e hai plásticos a partir de combustibles fósiles que son biodegradables.

No hay comentarios:

Publicar un comentario