Cando e onde comezou?
O primeiro caso en bóvidos comunicouse no Reino Unido, en novembro de 1986, polo Laboratorio Central de Veterinaria, e a partir de 1987 empézase a investigar sobre o seu posible mecanismo de transmisión. En abril de 1990 comunicouse oficialmente á Comunidade Económica Europea.Inicio da páxina
Cal é a súa causa?
A súa causa parece ser unha proteína á que se chamou "prión". Trátase dunha partícula aínda máis pequena que un virus, un axente infectante non habitual e que se asemella ao axente responsable dunha enfermidade que afecta ás cabras e ovellas: o "scrapie" ou prúrigo lumbar. Este "prión" é moi resistente aos medios habituais de desinfección.
As vacas se "contaxiarían" ao comer pensos elaborados con restos doutros animais. Non se detectou o contaxio das vacas enfermas ás súas crías nin a outras vacas.
Que problemas pode ter para as persoas?
En 1996 comunicáronse 10 casos de pacientes afectados dunha moi rara enfermidade denominada "variante da Enfermidade de Creutzfeldt-Jakob". Esta doenza que afecta ás persoas, parece moi similar ao proceso que facía enfermar as vacas. A enfermidade tamén produce unha dexeneración progresiva do sistema nervioso central dos seres humanos. Pénsase, aínda que a evidencia científica non é total, que as persoas enfermarían ao comer produtos procedentes do gando vacún enfermo de encefalopatía esponxiforme, especialmente os derivados que contiveran tecido nervioso central (cerebro, medula espiñal, ollos) e tamén algunhas vísceras (bazo, tripas, etc.).
No hay comentarios:
Publicar un comentario