A nube en forma de cogumelo deixada pola bomba atómica que explotou a 500 m . de altitude no centro de Nagasaki, Xapón, a 6 de Agosto de 1945, alcanzou os 18 km de altura.
Unha bomba atómica é unha arma explosiva cuxa enerxía deriva dunha reacción nuclear e ten un poder destrutivo inmenso — unha única bomba é capaz de destruír unha cidade grande enteira. Bombas atómicas só foron usadas dúas veces en guerra, ambas polos Estados Unidos contra o Xapón, nas cidades de Hiroshima e Nagasaki, durante a Segunda Guerra Mundial (sendo dos maiores ataques a unha poboación civil, con case 200 mil mortos). No entanto, as bombas atómicas xa foran usadas centenares de veces en probas nucleares feitas por varios países.As potencias que dispoñen da arma nuclear declaradas son os EUA, Rusia, o Reino Unido, Francia, a República Popular de China, India, Paquistán e Israel. Estes países xa posúen este material para fins ofensivos. Outro país que testou armamento nuclear foi Corea do Norte, porén asinou un acordo coa ONU para se desarmar.
Efectos
Os efectos predominantes dunha bomba atómica (a explosión e a radiación térmica) son os mesmos dos explosivos convencionais. A grande diferenza é a capacidade de liberar unha cantidade inmensamente maior de enerxia dunha soa vez.O dano producido polas tres formas iniciais de enerxía liberada difire de acordo co tamaño da arma. A enerxía liberada na explosión segue a ecuación de Einstein, E=mc², onde E é a enerxía liberada, m é a masa da bomba que "suma" na explosión e c (celeritas) é a velocidade da luz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario