jueves, 17 de noviembre de 2011

Outro exemplo de ciencia eticamente incorrecta

Experimentos nazis en xemelgos
Os experimentos en nenos xemelgos nos campos de concentración creáronse para mostrar as similitudes e diferenzas na xenética e euxenesia dos xemelgos, así como para ver se o corpo humano pode ser manipulado de forma antinatural. O líder destes experimentos era Josef Mengele, quen realizou experimentos sobre máis de 1500 pares de xemelgos presos, dos cales menos de 200 individuos sobreviviron tras os estudios.[5] Mentres asistía á Universidade de Múnic (localizada na cidade que permaneceu como un dos puntos centrais de Adolf Hitler durante a revolución) para estudar filosofía e medicina con énfase en antropoloxía e paleontoloxía, Mengele foi arrastrado pola histeria nazi e mesmo dixo que «este simple concepto político finalmente se converteu nun factor decisivo no meu vida».[6] La admiración recén descuberta de Mengele polo «simple concepto político» levouno a intercalar os seus estudos de medicina coa política como a súa carreira elixida. Mengele recibiu o seu PhD por unha tese titulada «Investigación morfolóxica racial sobre a sección inferior da mandíbula de catro grupos raciais», que suxería que a raza dunha persoa podía ser identificada pola forma do seu mandíbula.[7] La organización nazi entendeu os seus estudos como talentosos e se lle solicitou a Mengele ser o médico principal e investigador no campo de concentración de Auschwitz en Polonia en maio de 1943. [8]
En Auschwitz, Mengele organizou experimentos xenéticos en xemelgos. Os xemelgos eran dispostos por idades e sexo e encerrado en barracas entre experimentos, os cales variaban dende unha inxección de diferentes químicos aos ollos dos xemelgos para ver se podían cambiar as cores ata líteralmente coser uns xemelgos xuntos para intentar crear siameses.[9] [10]
Experimentos con transplantes
Dende setembro de 1942 ata decembro de 1943, leváronse a cabo experimentos no campo de concentración de Ravensbrück para estudar a rexeneración de ósos, músculos e nervios, así como o transplante de ósos dunha persoa a outra. Seccións de ósos, músculos e nervios foron removidos de suxeitos sen uso de anestesia. Como resultado destas operacións, moitas vítimas sufriron intensa agonía, mutilación ou minusvalidez permanente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario