viernes, 25 de noviembre de 2011

Veracidade da información de internet , os seus peligros.

Internet está cheo de información. Diso ninguén ten dúbidas. Pero, é toda fiable? Como podemos discernir a información verídica da que non o é? Por onde podemos empezar a buscar datos sobre Shakespeare, trigonometría ou animais invertebrados?

Nesta guía didáctica ímonos centrar en dúas ferramentas que se converteron, nos últimos anos, nas principais vías de busca de información en Internet: os buscadores e as Wikis.

Un buscador é un sistema informático que, a partir dunha ou varias palabras clave, nos dá un listado de direccións web. A orde de aparición destas webs en pantalla adoita reflectir a súa relevancia na materia. O buscador por excelencia, co que practicamente todos estamos familiarizados, é Google.

Unha Wiki é un sitio web cuxas páxinas poden ser editadas por múltiples usuarios a través dun simple navegador web. A Wiki por excelencia nos nosos días é a Wikipedia, con información actualizada diariamente sobre case calquera materia imaxinable.

O uso didáctico que poidamos dar a estas ferramentas dependerá, en boa medida, do dominio que cheguemos a adquirir delas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario