martes, 10 de enero de 2012

O gasto mundial en tecnoloxía en 2012

A entidade de investigación Gartner reduciu as súas previsións para o crecemento de gasto en tecnoloxía da información en 2012 en todo o mundo a un 3,7 por cento, dende un prognóstico anterior dun 4,6 por cento.

En 2011, o gasto mundial en tecnoloxía da información ascendeu a 3,7 billóns de dólares, ou unha expansión dun 6,9 por cento fronte a 2010.

"O titubeante crecemento económico mundial, a crise da zona euro e o impacto das inundacións en Thailandia sobre a produción de discos duros afectaron á previsión de gasto en tecnoloxía", dixo Richard Gordon, vicepresidente de investigación en Gartner, nun comunicado.

Gartner dixo que as inundacións reducirán a subministración de HDD nun 25 por cento ou máis durante os seguintes seis ou nove meses, xa que Thailandia se converteu nun centro importante de discos duros e dos seus compoñentes.

Gartner indicou tamén que, debido á escaseza de discos duros e á cauta previsión de gasto en equipos, reducira tamén a súa previsión de despachos de computadoras persoais.

"Coa incerteza causada pola crise da eurozona tanto nas empresas como nos consumidores do oeste de Europa, axustamos a nosa previsión e esperamos que o gasto en tecnoloxía da información no oeste de Europa caia un 0,7 por cento en 2012", dixo Gordon.

No hay comentarios:

Publicar un comentario