martes, 10 de enero de 2012

O demo de Tasmania (Sarcophilus laniarius)

É un marsupial carnívoro da familia dos Dasyuridae que só se encontra no estado de Tasmania en Australia.

Científicos australianos anunciaron hoxe o descubrimento dunha colonia de demos de Tasmania con trazos xenéticos especiais, que poderían salvar da extinción á especie, ameazada por un letal cancro.

A enfermidade decimou as poboacións do marsupial na illa australiana que lle dá nome, pero descubriuse unha colonia que parece ser inmune aos tumores, indicou Kathy Belov, xefe do equipo de investigadores das universidades de Sídney e Tasmania.

O pequeno mamífero sofre dende mediados dos anos 90 un estraño tumor canceríxeno facial contaxioso que se transmite por unha dentada e só afecta a esta especie. Esta patoloxía, que se manifesta na boca e cara e en cuestión de tres meses aumenta tanto de tamaño que non lles permite comer, foi responsable da morte do 70 por cento dos demos de Tasmania nos últimos 15 anos, mentres as autoridades buscan desesperadamente algunha forma de salvalos.

Non obstante, Belov dixo que aínda hai tempo para estudar a fondo o cancro e encontrar unha vacina, pois debe haber un trazo xenético que explique o feito de que o 20 por cento das poboacións do animal non desenvolveu o cancro, polo que "é posible" que estean a morrer menos animais do que pensabamos".


Hai un ano, o Ministerio de Medio australiano incluíu por primeira vez o marsupial carnívoro máis vello do mundo na súa lista de especies en risco "crítico" de desaparecer para sempre e agora dedica á súa conservación case 8 millóns de dólares anuais.

Os primeiros colonizadores brancos de Tasmania chamaron o marsupial "demo" polos seus berros aterradores, mal carácter, pelo escuro e forte mandíbula. Desapareceu do continente australiano hai uns catro séculos, posiblemente pola crecente presenza do can salvaxe ou dingo, pero sobreviviu na illa situada na punta sueste do país.


No hay comentarios:

Publicar un comentario