jueves, 26 de enero de 2012

Importancia das novas tecnoloxías

Hoxe en día, os progresos nas denominadas tecnoloxías da información, que abranguen os equipos e aplicacións informáticas e as telecomunicacións, están a ter un grande efecto. De feito, dise que estamos nun novo tipo de sociedade chamada Sociedade da información ou Sociedade de Coñecemento, que vén a substituír aos dous modelos socioeconómicos precedentes, a sociedade agraria e a sociedade industrial.

No modelo agrario, a explotación da terra era o xeito de xerar riqueza. No modelo industrial, as novas tecnoloxías e os novos sistemas produtivos, posibilitaron a fabricación masiva de produtos de consumo.

Non obstante, a xeración da riqueza na actualidade ten que ver con outras maneiras de proceder. Ademais da importancia da acumulación de capital e da tecnoloxía produtiva, o que en verdade se converte en algo decisivo é saber que queren os clientes, que fan os competidores, onde e a quen se pode comprar e vender en mellores condicións, que cambios lexislativos poden afectar á empresa ou a un sector, etcétera.

En definitiva, resulta fundamental contar coa información oportuna para tomar as mellores decisións no momento axeitado. Nesta situación as novas tecnoloxías da información son moi relevantes. Permiten obter e procesar moita máis información que os medios manuais. Así que as empresas invisten nelas.

Non obstante, como calquera tecnoloxía, se debe ter presente que as TIC son só un instrumento (iso si, moi potente e flexible) para a xestión das empresas. Polo tanto, é evidente que as novas tecnoloxías son un elemento imprescindible e en continuo desenvolvemento dentro de calquera empresa. Non obstante as tecnoloxías están moito máis presentes nas grandes empresas que nas medianas e pequenas (PEME); isto débese principalmente á dimensión da empresa e, como consecuencia, ao ámbito de actuación desta e á súa capacidade de investimento e xestión, aínda que pouco a pouco esta diferenza vaise acurtando, xa que moitas PEME están a empezar a ser conscientes de que o uso das TIC é unha cuestión clave para a súa expansión e supervivencia

No hay comentarios:

Publicar un comentario