jueves, 26 de enero de 2012

Inventase un coche que funciona con auga


Un litro de auga permite ao coche circular durante uns 60 minutos a unha velocidade aproximada de 80 quilómetros por hora. Nin sequera é necesario que sexa auga destilada e mesmo funcionaría con auga mariña.

O deseño aínda é bastante primitivo e está pensando para separar o hidróxeno da auga e convertelo en combustible para unha pila eléctrica. A empresa non desvelou como conseguiron que o coche se mova só con auga pero se afirman que se basean en tecnoloxías existentes, pero que son capaces de producir hidróxeno a partir da auga para un tempo maior que calquera método dispoñible nestes momentos.

A empresa xaponesa propietaria da creación e da súa patente espera poder producir o vehículo a escala industrial. BQM

No hay comentarios:

Publicar un comentario